Carmen Gacía 

13.01.2018

Carmen García Mateo, catedrática de Enxeñería en Telecomunicaciones na Universidade de Vigo dende principios dos anos 90, desempeñou o cargo de vicerrectora de Titulaciones e Converxencia Europea entre os anos 2006-2010, gañadora no 2014 do premio "María Josefa Wonenburger" e membro da sección de Lingua, Literatura e Comunicación e plenario efectivo do Consello da Cultura Galega desde 2016.

Vigo, 1963.

  • Formación:

Licenciada no ano 1987 en Enxeñeira de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid.

Doutora en 1993 coa tese sobre "Técnicas de Representación do Espectro en Codificación de Voz e Baixa Velocidade", en Madrid.

  • Vida laboral:

As súas áreas de investigación básicas son tecnoloxía da fala en galego e castelán, segmentación de audio e recoñecemento biométrico de persoas. Realizou estancias de investigación postdoutorais na Universidade de California campus de Santa Barbara (UCSB) en 1994 , e nos Laboratorios Bell (USA) 1997 e 1999, na Michigan State University (USA) en 2005, e a Universidad de Kent (UK) en 2013.

Tamén realizou máis de cen importantes publicacións científico-técnicas e participaou en múltitude de proxectos con importantes empresas do sector como Telefónica I+D la TGV.

É socia-fundadora da Sociedade Española para a Acústica Forense, SEAF.

É directora do Grupo de Tecnoloxías multimedia de atlanTTic en donde leva a cabo a súa labor investigadora. Actualmente participa nos proxectos europeos COST IC1106 como membro do comité de dirección e é investigadora principal do proxecto coordinado coa UPC e EHU/UPV, SpeechTech4All, un proxecto concedido polo Ministerio de Economía e Competitividade adicado a investigación avanzada nas principais tecnoloxías da fala (recoñecemento de voz, traducción automática, conversión de texto a voz) en todas as linguas oficiais faladas en España, ao recoñecemento do estado emocional do falante, e a construción de marcos experimentais multimodais (voz e facial) e multilingües (castelán, galego, catalán, e euskara) que permitan amosar o traballo realizado.

É membro do Consello de Cultura de Galicia.

  • Recoñecementos:

É considerada un exemplo de igualdade ao gañar o premio María Josefa Wonenburger no ano 2016. Recibiu o galardón non só con ilusión, se non que asegura habelo gañado para poder influir nas mulleres xoves deste país, para que se dirixan ás tecnoloxías sen pensar que son incapaces.


Mulleres TIC - Brión
Diseñado en 2018
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar