Verónica Ramallal

13.01.2018

Verónica Ramallal, emprendedora en feminino, directora executiva da axencia de márketing dixital Pekecha, axencia de creatividade dixital recoñecida co premio nacional EADI de Creatividade.

  • Formación:

Licenciada en Comunicación Audiovisual entre 2003 e 2007.

Máster pola escola de Medios da Voz de Galicia en 2008.

Curso de Aptitude Pedagóxica e Docencia (CAP) en 2010.

  • Vida laboral:

En 2003 traballou un ano como redactora en prácticas da Voz de Galicia

No 2009 traballou na producción do departamento de programas da Televisión de Galicia.

No 2010 da o salto ao entorno dixital, tras varios anos relacionada con medios de comunicación e radiofónicos galegos, incorporándose ao equipo de O APÓSTOLO (Xacobeo 2010) traballando no departamento de marketing dixital e organización de eventos (Artefacto Producións).

No 2011, convértese na directora de medios e contas (dixital), en Nova Animedia Consultores, unha empresa especializada na dinamización do entorno cultural e medioambiental baseado nas TICS. Nesta empresa son especialistas na aplicación das novas tecnoloxías na xestión e recuperación de patrimonio.

Despois dun intenso ano de traballo, incorporase a CAMBUR (axencia de social media na Coruña), onde exerce como Social Media Strategist (formadora nas redes sociais) e Community Manager para importantes marcas tanto na nosa comunidade como en países latinoamericanos (Panamá e Venezuela)

A principios de 2012 decide traballar pola súa conta e crea PEKECHA, a súa propia empresa consultora de social media e marca persoal, relacionada coa creatividade dixital.

Durante os últimos anos traballou tanto con institucións como con empresas da área privada en ambos ámbitos, como con Serviocio (a partir do 2014) e BeOne (2015) dirixindo o maketing online; especialmente na área de emprendedores e desenrolo de novos modelos de negocio no entorno 2.0, como asesora externa no ámbito formativo na Escola de Organización Industrial (2016).

Este 2018 incorporouse á USC no Máster de Marketing Dixital xunto a grandes profesionais.

  • Recoñecementos:

Pekecha, a axencia de creatividade dixital que dirixe foi recoñecida co premio nacional EADI de Creatividade, en 2014.

Mulleres TIC - Brión
Diseñado en 2018
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar